Moreira critica que se estean "desperdigando" pola cidade "miniplantas" de compostaxe

Pontevedra
12 de abril 2018

Os populares volven á carga contra a implantación da compostaxe en Pontevedra. O seu voceiro, Jacobo Moreira, criticou que o goberno municipal estea "desperdigando" por toda a cidade "miniplantas" para tratar os residuos orgánicos dos vecinos, no canto da planta que se ía construír na parroquia da Canicouva

Jacobo Moreira, voceiro municipal do PP en Pontevedra
Jacobo Moreira, voceiro municipal do PP en Pontevedra / Alejandro Vila de la Fuente

Os populares volven á carga contra a implantación da compostaxe en Pontevedra. O seu voceiro, Jacobo Moreira, criticou que o goberno municipal estea "desperdigando" por toda a cidade "miniplantas" para tratar os residuos orgánicos dos veciños, no canto da planta que se ía construír na parroquia da Canicouva.

"A planta de compostaxe vai a estar no centro de Pontevedra", asegurou Moreira, que censurou a "improvisación" do BNG con respecto ao despregamento deste sistema, ao non traballar cunha "folla de ruta definida".

No canto de facer a planta, o PP apunta que se están instalando composteiros comunitarios pola cidade "impoñendo a súa localización a pesar do rexeitamento veciñal existente".

"O que está facendo o BNG de Lores nada ten que ver co que dixeron que ían facer", destacou o portavoz dos populares, "e ademais empregando a súa vella usanza: impoñendo, dando as costas aos veciños que piden diálogo e empregando á Policía Local para amedrentarlles".

Esta conducta, engadiu Moreira, "é propio de tempos pasados que críamos ter superados" pero que regresaron a Pontevedra " co gran ditador, con gran cacique Fernández Lores".

Os populares, a este respecto, insisten en que "hai que escoitar os veciños" e reiterou a petición ao alcalde para que reciban aos de Eduardo Pondal para analizar con eles a situación dos módulos comunitarios de compostaxe.