Os concellos recollen as súas bandeiras azuis

Ponte Caldelas
08 de xuño 2015

Este luns no Porto de Riveira foron entregadas polo Presidente da Xunta de Galicia e o Presidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) as Bandeiras Azuis que outorgan ós arenais que consiguen ese distintivo pola súa accesibilidade, calidade da auga, servizos, seguridade a través dos socorristas, balizamento e limpeza

O presidente da Xunta entrega aos representantes do Concello de Sanxenxo as bandeiras azuís das praias do municipio Concello de Sanxenxo

Este luns no Porto de Riveira foron entregadas polo Presidente da Xunta de Galicia e o Presidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) as Bandeiras Azuis que outorgan ós arenais que consiguen ese distintivo pola súa accesibilidade, calidade da auga, servizos, seguridade a través dos socorristas, balizamento e limpeza.

PONTE CALDELAS

O alcalde en funcións de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, recolleu a primeira bandeira azul outorgada en España a unha praia fluvial pola excelencia e calidade das súas augas. O rexedor agradeceu a distinción e brindouna a todos os cidadáns do municipio como recoñecemento a un labor harmónico en defensa do medido ambiente realizado ao longo de moitos anos.

"Representa un fito histórico que nos enche de orgullo a todos os veciños, pero tamén é unha mostra do compromiso que tivemos ao longo dos anos para manter, de xeito harmónico, unha relación indeleble entre o río Verdugo e os habitantes de Ponte Caldelas, que espero siga en vigor ao longo dos anos".

MARÍN

A alcaldesa de Marín en funcións, María Ramallo, acudiu a recoller os galardóns das praias de Portocelo, Mogor, Aguete e o da Praia do Santo. Estes días os arenais estanse acondicionando para poder contar co balizamento, as casetas destinadas ós socorristas, os baños, a limpieza, as papeleiras, o estirado da area e os quioscos que xa están algúns en funcionamento.

"Unha aposta clara polo coidado do entorno natural, así como a limpeza e desbroce do vial que invita a pasear e camiñar nun entorno natural privilexiado", sinalou a alcaldesa.

SANXENXO

No concello de Sanxenxo, a excelencia das augas de Areas, Silgar, Baltar, Canelas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Areas Gordas, A Lapa e tamén de Espiñeira-A Lanzada, ademais dos servizos que ofrecen en canto a legalidade, accesibilidade, sanidade, limpeza, seguridade e información e xestión ambiental axeitadas, fixéronas merecedoras un ano máis do ecodistintivo concedido pola ADEAC.

O tenente de alcalde en funcións, Salvador Durán, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Luis Rodríguez, participaron este luns no acto de entrega dos galardóns. Ademais das distincións conseguidas para os areais, que converten un ano máis a Sanxenxo no municipio con máis Bandeiras Azuis de España, os representantes locais recolleron tamén aquelas outorgadas ao Porto Deportivo Juan Carlos I e ao Centro de Interpretación As Telleiras, en Vilalonga.

Á súa vez, o paseo litoral de 9,9 quilómetros que discorre entre Caneliñas (Portonovo) e o Porto Deportivo de Sanxenxo recibiu por primeira vez na historia a denominación internacional 'Sendeiro Azul'.

"Isto é un exemplo indiscutible da aposta que este Goberno fixo ao longo destes anos pola calidade do destino turístico", resaltaron os edís, que incidiron no esforzo en medios materiais e persoais que facemos cada ano para que Sanxenxo lidere en España dende hai máis dunha década ou ranking en Bandeiras Azuis.

E é que para cumprir coas esixencias derivadas deste galardón, o Concello de Sanxenxo reforza o equipo municipal durante os meses de verán para os servizos de limpeza e vixilancia de praias, ademais de contratar outras prestacións como o balizamento das augas, os equipamentos das praias; o aluguer, mantemento e limpeza dos sanitarios, ou a realización do proxecto de bandeiras azuis e o seguimento da tempada.