Os danos causados por unha fuga de auga no CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis van repararse a partir do día 30

Umia
26 de xaneiro 2019

Os desperfectos foron cuantiosos e van ser asumidos economicamente tanto pola Xunta de Galicia como polo Concello de Cuntis. A intención de ámbalas administracións é reparar tanto  o mobiliario como outros bens danados no centro escolar

Instalacións do CPI Aurelio Marcelino Rey, de Cuntis Concello de Cuntis

Este mércores 30 está previsto que comecen as obras de reparación dos desperfectos que foron ocasionados no CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis por unha fuga de auga que se iniciou por mor da rotura dunha tubaxe.

A empresa adxudicataria das obras vai coordinar as actuacións con Concello para tentar evitar que afecten ao funcionamento da actividade escolar e para notificar de forma puntual o estado en que se atopan os traballos.

Os desperfectos son cuantiosos e serán asumidos inicialmente tanto pola Xunta de Galicia como polo Concello de Cuntis. Está previsto que se repoñan tanto os mobles dañados como as instalacións que sufriron os efectos da auga. A fuga afectou aos teitos e a diversas dependencias do centro escolar.

Segundo o goberno local, todas as reparacións serán reclamadas ás compañías aseguradoras.