A ilusión do Nadal xa está a pleno rendemento no centro de Pontevedra e, en especial, nas escaleiras que conectan as prazas de Ourense e A Ferrería.
Ese foi o lugar elexido pola Concellería de Desenvolvemento Sostible para instalar o buzón dos Reis Magos de Oriente, onde todos os nenos e nenas poden ir deixando as súas cartas para que Súas Maxestades teñan tempo de ir mercar os agasallos.
A caixa forma parte dunha nova composición dos Xardíns que Falan e está composta por unha pequena nora con flores vermellas e luces de Nadal, un treneciño con adornos e diversas plantas.