Aos Reis Magos gústalles tanto Sanxenxo que ao contrario que noutros lugares deixáronse ver no municipio durante dous días.
Centos de nenos e nenas puideron gozar o venres da cabalgata de Reis, grazas sobre todo ao respiro da climatoloxía, ilusionándose ao ver ás súas Maxestades de Oriente.
A comitiva partiu desde o porto de Portonovo ás 18:30 horas para dirixirse ao porto de Sanxenxo a través de Rafael Picó, Baltar, Punta Vicaño e o Paseo de Silgar.
Tras unha noite de moito traballo Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron tamén presentes este sábado na cabalgata de ios, que se suma á organizada en Noalla a partir das 18:00 horas.