Os núcleos de menos de 5.000 habitantes tampouco terán restricións horarias

Pontevedra
07 de maio 2020

Boa noticia para todos aqueles que residan en núcleos de poboación inferiores a 5.000 habitantes. O Goberno suavizou as restricións e, tras a petición realizada desde Galicia, permitirá suprimir os horarios marcados para facer deporte, saír cos nenos ou pasear

Xente paseando Mónica Patxot

Boa noticia para todos aqueles que residan en núcleos de poboación inferiores a 5.000 habitantes. O Goberno suavizou as restricións e, tras a petición realizada desde Galicia, permitirá suprimir os horarios marcados para facer deporte, saír cos nenos ou pasear.

A partir de agora, todos estes núcleos terán a mesma consideración que os concellos de menos de 5.000 habitantes, que xa se quedaron fóra das limitacións impostas na fase 0 da desescalada.

Atendendo a esta autorización, será agora a Xunta de Galicia a que defina que núcleos de poboación se axustan a este criterio e llo comunique aos concellos interesados.

O goberno galego celebrou esta decisión e apuntou que esta liberdade horaria beneficiará ao 50% da poboación de Galicia.

A Xunta xa se puxo en contacto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para que, á súa vez, lla traslade aos concellos.

Esta medida, defende a administración autonómica, adáptase mellor á realidade social galega e á súa distribución territorial.