Os Reis Magos inclúen a PontevedraViva nas paradas previas á súa gran noite

Pontevedra
05 de xaneiro 2023

As oficinas de PontevedraViva na rúa Michelena recibiron á primeira hora deste xoves a especial visita de Melchor, Gaspar e Baltasar dentro do seu percorrido previo pola cidade antes de afrontar a noite máis máxica do ano

Os Reis Magos visitan PontevedraViva
Os Reis Magos visitan PontevedraViva / Mónica Patxot

As oficinas de PontevedraViva na rúa Michelena recibiron á primeira hora deste xoves unha visita moi especial, a dos Reis Magos.

Melchor, Gaspar e Baltasar incluíron ao medio de comunicación dentro do seu percorrido pola cidade previo á noite máis máxica do ano.

Os nenos presentes aproveitaron a ocasión para lembrar as súas peticións de agasallos e mesmo para engadir algún novo desexo de última hora.

A visita dos Reis Magos terá o seu punto álxido na tarde deste xoves coa tradicional cabalgata que dará comezo ás 18.00 horas desde a Avenida de Lugo pasando por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Praza da Peregrina, Michelena, Praza de España e a rúa Alameda.