"Hay que enfriar este tema", así expresábase Antonio Millares, de Comisións Obreiras, en representación dos traballadores do Concello de Pontevedra que, por sentenza xudicial, se ven obrigados a devolver a retribución económica percibida como paga extra en novembro de 2012. Os representantes sindicais entenden que a sentenza é inxusta xa que, ademais, creou diferenzas porque a máis de 300 funcionarios "se les aplica y a otros no". Os membros dos catro sindicatos con representación na xunta de persoal consideran que a corda rompe polo lado máis débil despois dos enfrontamentos políticos e reclaman "sentido común".
Millares expoñía as dificultades que supón a execución da sentenza coa devolución dese diñeiro porque, segundo explicou, cada un aplicou a súa retención e pagou os seus impostos. Desta forma, os sindicalistas lembraban que no Concello de Pontevedra se cobra por debaixo da media dos concellos de Galicia e que "hay gente con dificultades para llegar a fin de mes". Neste sentido, Juan José Graña, representante de UGT, apuntou que estaba convencido de que non pagarán e agardan que a Subdelegación do Goberno non reclame a execución da sentenza.
Ademais, reclaman de Jacobo Moreira, como representante do Partido Popular local que presentara a denuncia ante a Subdelegación do Goberno, algún tipo de acto para evitar que os funcionarios teñan que devolver a paga. "Que se tenga que devolver el dinero o no va a ser una decisión política", indicou Millares e Graña engadiu que se están a cebar con estas decisións en contra do Concello de Pontevedra e non entenden "por qué es el único Concello de Galicia al que se ha denunciado. Es un tema político claramente y ahí Moreira va a tener que pronunciarse".
Os sindicatos están a estudar a posibilidade de reunirse co voceiro do grupo municipal do PP pero alertan de que se se reúnen será "para realizar una reunión constructiva, de trabajo" e rexeitarían un encontro que volvese centrarse en debates políticos. "Nosotros lo que queremos es buscar soluciones y arreglar problemas", indicou Millares
Sobre as declaracións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nas que facía referencia ao acto de insubmisión que supoñía o pagamento da extra tal e como se recolle na sentenza, Antonio Millares sinalou que "yo estoy convencido de que saliera el alcalde a decirlo o no, el resultado iba a ser el mismo".