O PSOE critica a "incontinencia verbal" do alcalde en relación coa sentenza das "pagas extra"

Pontevedra
07 de xullo 2014

O concelleiro de Deportes e Educación da área socialista, Agustín Fernández, entende que Miguel Anxo Fernández Lores ten responsabilidade no resultado da sentenza na que se recollen as súas declaracións sobre a insubmisión que asumía o goberno local dePontevedra. Dende o PSOE lamentan tamén a actitude do líder do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira

Rueda de prensa de Agustín Fernández
Rueda de prensa de Agustín Fernández / PontevedraViva
O PSOE relaciona as declaracións de Lores coa sentenza en contra dos funcionarios do Concello /

O grupo municipal do PSOE, a través do concelleiro de Deportes e Educación, Agustín Fernández, criticou a "dobre moral" empregada por parte do Partido Popular en relación co caso do plus de produtividade que terán que devolver máis de 300 traballadores do Concello de Pontevedra. Fernández fixo un chamamento ao partido da oposición para que "non enrede e nos deixe avanzar para tentar conseguir que esta situación complicada resulte beneficiosa para vos traballadores do Concello".

Agustín Fernández tamén arremeteu contra o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, polas declaracións realizadas no seu día en relación coa insubmisión que exercía o goberno local a través desta retribución. Para o concelleiro socialista "sería mellor se o alcalde estivese calado porque ás súas declaracións públicas ao final confórmanse como un elemento clave para a estimación do recurso da Subdelegación" e engadiu que o alcalde "estivo especialmente desafortunado co agravante de que esta incontinencia verbal afecta e supón un prexuízo para terceiros como son os funcionarios públicos do Concello". Apuntou que, en cambio, dende o grupo socialista non se realizaran declaracións durante ese proceso.

Fernández indicou que agora as solucións non parecen doadas e entende que a posición máis lóxica é presentar un recurso de casación.

GARCÍA LEGÍSIMA: "ISO ÿ DESCOÿECER O FUNCIONAMENTO DOS TRIBUNAIS"

O concelleiro responsable de Relacións Laborais no Concello de Pontevedra, Vicente García Legísima, argumentou ante as declaracións realizadas dende o PSOE sobre o alcalde que "iso é aventurar e descoñecer o funcionamento dos tribunais" e engadiu "se se di que unha sentenza se dita polas declaracións temos un pobre concepto dos tribunais deste país. Crer que ditan sentenzas pola prensa, mal asunto".

García Legísima indicou que a orixe desta sentenza se encontra na actuación de Jacobo Moreira e que hai resolucións doutros concellos de Galicia e do resto do Estado que non foron recorridas. "ÿ a única resolución que se recurreu en toda España", destacou o concelleiro.

O edil mantivo unha reunión cos representantes sindicais para transmitirlles o apoio por parte do goberno local ante a sentenza e afirmou que a asesoría xurídica aínda non elaborou un informe sobre as decisións que se van adoptar en relación con este caso. García Legísima considera que o cumprimento da sentenza é complexo e afectaría á Axencia Tributaria que tería que devolver as achegas da renda do exercicio de 2012 e tamén o achegado á Tesouraría da Seguridade Social. A cifra podería situarse ao redor de 100.000 euros, segundo a estimación do concelleiro.

O Concello de Pontevedra conta con 60 días para a execución da sentenza.