Os sindicatos ven inxusta a sentenza das pagas extra e agardan non ter que devolver o diñeiro

Pontevedra
07 de xullo 2014

Os representantes sindicais dos traballadores do Concello de Pontevedra consideran que, tras este tema, existe "un claro enfrentamiento político" que levou consigo que os traballadores teñan que devolver, por sentenza xudicial, unha retribución que eles consideran xusta

Xuntanza do concelleiro Vicente García Legísima cos representantes sindicais do Concello de Pontevedra PontevedraViva

"Hay que enfriar este tema", así expresábase Antonio Millares, de Comisións Obreiras, en representación dos traballadores do Concello de Pontevedra que, por sentenza xudicial, se ven obrigados a devolver a retribución económica percibida como paga extra en novembro de 2012. Os representantes sindicais entenden que a sentenza é inxusta xa que, ademais, creou diferenzas porque a máis de 300 funcionarios "se les aplica y a otros no". Os membros dos catro sindicatos con representación na xunta de persoal consideran que a corda rompe polo lado máis débil despois dos enfrontamentos políticos e reclaman "sentido común".

Millares expoñía as dificultades que supón a execución da sentenza coa devolución dese diñeiro porque, segundo explicou, cada un aplicou a súa retención e pagou os seus impostos. Desta forma, os sindicalistas lembraban que no Concello de Pontevedra se cobra por debaixo da media dos concellos de Galicia e que "hay gente con dificultades para llegar a fin de mes". Neste sentido, Juan José Graña, representante de UGT, apuntou que estaba convencido de que non pagarán e agardan que a Subdelegación do Goberno non reclame a execución da sentenza.

Ademais, reclaman de Jacobo Moreira, como representante do Partido Popular local que presentara a denuncia ante a Subdelegación do Goberno, algún tipo de acto para evitar que os funcionarios teñan que devolver a paga. "Que se tenga que devolver el dinero o no va a ser una decisión política", indicou Millares e Graña engadiu que se están a cebar con estas decisións en contra do Concello de Pontevedra e non entenden "por qué es el único Concello de Galicia al que se ha denunciado. Es un tema político claramente y ahí Moreira va a tener que pronunciarse".

Os sindicatos están a estudar a posibilidade de reunirse co voceiro do grupo municipal do PP pero alertan de que se se reúnen será "para realizar una reunión constructiva, de trabajo" e rexeitarían un encontro que volvese centrarse en debates políticos. "Nosotros lo que queremos es buscar soluciones y arreglar problemas", indicou Millares

Sobre as declaracións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nas que facía referencia ao acto de insubmisión que supoñía o pagamento da extra tal e como se recolle na sentenza, Antonio Millares sinalou que "yo estoy convencido de que saliera el alcalde a decirlo o no, el resultado iba a ser el mismo".