Os socialistas negan a situación económica precaria e aseguran que a Deputación ten case 200 millóns de euros en caixa

Pontevedra
14 de setembro 2023

O voceiro do grupo provincial socialista, Carlos López Font, compareceu este xoves en rolda de prensa exhibindo a acta de arqueo elaborada polo interventor e o tesoureiro provinciais para acreditar os seus argumentos

O voceiro do grupo provincial socialista, Carlos López Font, exhibindo a acta de arqueo
O voceiro do grupo provincial socialista, Carlos López Font, exhibindo a acta de arqueo / PSdeG-PSOE

O voceiro do grupo provincial socialista, Carlos López Font, asegura que a Deputación de Pontevedra contaba con 196.127.662,63 euros en caixa o pasado 6 de xullo, o día en que Luís López tomou posesión como novo presidente. 

Carlos López Font compareceu este xoves en rolda de prensa exhibindo a acta de arqueo elaborada polo interventor e o tesoureiro provinciais para acreditar os seus argumentos. 

O voceiro socialista recalcou que a xestión económica do anterior goberno provincial é "sobresaliente" e quixo con este documento oficial "cerrar el capítulo de la campaña de bulos, mentiras, falacias y calumnias que el PP está vertiendo sobre las cuentas de la administración provincial".

O voceiro socialista recalcou que a acta oficial de arqueo "deja en evidencia" ao PP cando cualificou a situación económica da Deputación como "precaria, preocupante e mesmo inestable". 

"El nuevo presidente le mintió a la cara a las 950.000 personas de esta provincia", dixo Font, que afeoulle a Luis López que se teña apoiado para elo nun suposto "informe de avaliación interna", ao que retou a que faga público.

Font tamén instou ao presidente provincial a abandonar "el ritmo caribeño" e poñerse a traballar dunha vez, porque "lo único que hizo en casi tres meses fue apropiarse de proyectos del anterior equipo, ocultando su origen o incluso falseando las cifras", dixo.