A comité provincial do PSdeG-PSOE aprobou este domingo a celebración do seu congreso en Pontevedra para as datas propostas, os días 11 e 12 de febreiro. Os membros da asemblea deron o seu visto bo mediante a fórmula de asentimento.
Nunha xuntanza celebrada na Finca Batacos de Pontevedra, os socialistas acordaron que o prazo de presentación de precandidaturas á Secretaría Xeral provincial, para a que o actual secretario, David Regades, buscará a reelección, será entre o 21 e o 22 de decembro.
A recollida dos avais estará habilitada entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro e a campaña de información á militancia terá lugar entre o 8 e 22 de xaneiro.
No caso de que haxa máis dunha candidatura a xornada de votación queda fixada para o 23 de xaneiro, domingo. Finalmente, o congreso terá a responsabilidade de elixir aos integrantes da nova dirección provincial para os próximos catro anos.
David Regades subliñou diante do comité provincial, máximo órgano entre congresos, que trátase dun "calendario amplo" que cumpre "folgadamente" as datas e prazos marcados pola normativa e os estatutos federais do partido.