Os traballadores de Tafisa trasladan as súas protestas ante a sede central do grupo Sonae

Pontevedra
20 de xuño 2014

Os representantes sindicais lograron reunirse coa Directora Xeral de Recursos Humanos, Edite Barbosa. As negociacións entre empresa e traballadores van retomarse o día 25 coa presenza dun mediador

Protesta dos traballadores de Tafisa ante a sede do Grupo Sonae Comité de empresa de Tafisa

O plantel de Tafisa en Ponte Caldelas desprazouse ata as oficinas centrais do Grupo Sonae, matriz da fábrica de taboleiros, na localidade portuguesa de Maia. Alí, os traballadores volveron protagonizar unha protesta contra o peche da nave da Reigosa.

O presidente do Grupo Sonae, Belmiro de Azevedo, non recibiu os representantes sindicais da fábrica de Tafisa como pretendían. Non obstante, a directora xeral de Recursos Humanos, Edite Barbosa, si mantivo un encontro con algúns dos sindicalistas que lle solicitaron que a empresa teña en conta as peticións por parte do equipo de que se manteña a actividade na planta da Reigosa e que a dirección presente outras propostas nas próximas reunións.

A próxima cita entre empresa e sindicatos será o mércores 25 de xuño coa presenza dun mediador ofrecido pola Xunta de Galicia.