Os traballadores públicos dependentes de Política Social dan tregua ás súas protestas ata o mes de setembro

Pontevedra
23 de xullo 2020

Seguen reclamando aumento de persoal, incremento de recursos materiais e compensación de domingos traballados.

Protesta do persoal da Residencia de Maiores de Campolongo Mónica Patxot

Este último xoves de xullo traballadores públicos dependentes da Consellería de Política Social volvían concentrarse ante a residencia de maiores de Campolongo, tal e como veñen facendo desde o pasado mes de maio. Seguen reclamando melloras laborais que pasan por aumento dos persoais, incremento igualmente de recursos materiais e compensación de domingos traballados.

Polo momento e desde que se iniciaron estas protestas, a reivindicación inicial de poder tomar vacacións durante os meses estivais, si foi atendida. En canto ao resto "seguiremos mentres nos acompañen as forzas ata conseguir algo". A concentración deste xoves rexistraba un número menor de asistentes que atribúen precisamente a que "hai persoal fixo de vacacións e outros que foron contratados no verán teñen medo a manifestarse".

Esta circunstancia e a previsión de que a actividade política autonómica sexa máis reducida durante as próximas semanas, fai que as centrais sindicais haxan  dedicido darse unha paréntese de descanso no mes de agosto e retomar as protestas en setembro.

Protestas que poderían ir máis aló que as concentracións #ante estes centros públicos. Con todo tamén sinalan que "a marxe de manobra de protestas en Política Social é moi pequeno. Se convocamos unha folga o cento por cento do persoal é servizos mínimos".