Os tres sendeiros azuis de Marín xa presumen de bandeira

Marín
22 de abril 2023

A alcaldesa María Ramallo e as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña acudiron durante a mañá ata o areal de Portocelo para colocar as bandeiras que identifican a Ruta de Montes e Praias, a Ruta dos Cinco Miradoiros e o Vial de Praias

Colocación das bandeiras nos Sendeiros Azuis de Marín
Colocación das bandeiras nos Sendeiros Azuis de Marín / Concello de Marín

Os tres sendeiros azuis localizados en Marín presumen desde este venres do distintitivo que Adeac otorgou á vila.

A alcaldesa María Ramallo e as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña acudiron durante a mañá ata o areal de Portocelo para colocar as bandeiras que identifican a Ruta de Montes e Praias, a Ruta dos Cinco Miradoiros e o Vial de Praias.

Desde o Concello indican que, revalidando estes distintivos, "demostran a calidade dos nosos roteiros, a importancia medio ambiental do seu coidado e o compromiso constante no seu mantemento, para que así poidan ser desfrutados e aproveitados tanto pola nosa veciñanza como polos visitantes que se achegan á nosa vila para coñecela".