Os veciños de Carballedo estrean a rolda de encontros para programar a instalación da fibra óptica

Cerdedo Cotobade
10 de xaneiro 2023

O alcalde programou unha serie de reunións nas distintas casas do pobo para explicar aos veciños os plans de instalación da fibra óptica

Encontro veciñal en Carballedo para coñecer detalles da instalación de fibra óptica
Encontro veciñal en Carballedo para coñecer detalles da instalación de fibra óptica / Concello de Cerdedo-Cotobade

Ao redor de 80 veciños e veciñas de Carballedo e Rebordelo foron os primeiros en coñecer os plans para a instalación, este mesmo ano, da rede de fibra óptica en Cerdedo-Cotobade.

Nun encontro celebrado no Centro Cultural Antonio Fraguas, o alcalde Jorge Cubela recolleu ademais peticións e demandas dos veciños.

Cubela estivo acompañado polo tenente de alcalde Fernando Vázquez, o concelleiro Bruno Portela e a responsable de Movistar para a implantación da fibra óptica no municipio.

O compromiso adquirido por parte da empresa de telecomunicacións é instalar a nova rede da internet de alta velocidade ao longo deste mesmo ano cun 100% de cobertura, o que acabaría cos problemas de illamento que sufrían algúns núcleos.

Tras este encontro seguiranlle outros nas casas do pobo de Viascón (xoves 12), Sacos e San Xurxo (13 xaneiro), Almofrei e Borela (luns 16), Corredoira e Caroi (17 xaneiro), Cerdedo (18 xaneiro), Pedre e Folgoso (día 19), Tomonde e Quireza (día 20), Valongo e Loureiro (luns 23), e en Aguasantas (martes 24).