A petición de reforma do barrio de Mollabao xuntou este sábado a un grupo de veciños do lugar baixo a ponte da autoestrada, insistindo na súa reivindicación.
Alí despregouse unha pancarta co lema '¡Lores! Mollabao 20 años abandonao', en alusión ao papel do goberno local que, lembran desde a plataforma veciñal, presentou "hace dos años" un proxecto reforma integral do barrio "y desde entonces en firme no hay nada más".
Con esas palabras expresou o portavoz veciñal, Juan Sáenz-Díez, o sentir dos veciños.
"Tenemos la firme convicción de que si nosotros no insistimos el Concello no mueve ni un papel", sinalou Sáenz-Díez, que avanza que seguirán coas protestas.
O portavoz do colectivo engadiu ademais que "no estamos pidiendo que nos hagan un parque de ocio, que nos hagan la Warner, lo únido que pretendemos es tener aceras, zonas ajardinada o instalaciones deportivas".