Os veciños de Monte Porreiro estrean as súas hortas urbanas

Pontevedra
05 de decembro 2018

Ata vinte e dúas bancadas para cultivar produtos da terra. Son os espazos que o Concello de Pontevedra habilitou na horta urbana de Monte Porreiro que, nas últimas horas, púxose a disposición dos seus usuarios

Entrega das hortas urbanas de Monte Porreiro Concello de Pontevedra

Ata vinte e dúas bancadas para cultivar produtos da terra. Son os espazos que o Concello de Pontevedra habilitou na horta urbana de Monte Porreiro que, nas últimas horas, púxose a disposición dos seus usuarios.

O concelleiro de Parques, Alberto Oubiña, entregou a todos eles as chaves da cancela da parcela e do armario no que se gardan os aparellos de traballo. Nese mesmo acto quedaron desertas dúas hortas, polo que o Concello tirará da lista da agarda para readxudicalos.

As hortas, situadas no parque do Miradoiro de Monte Porreiro, foron recuperadas pola empresa de inserción laboral Feito, vinculada á entidade social Rexurdir.

Dende a adxudicación, será a empresa Feito a que se encargue do mantemento da parcela na que se atopan as hortas urbanas.

A concesión será por dous anos prorrogables a outros dous.

Tamén no barrio de Monte Porreiro, o Concello creará unha horta urbana anexa ao local social de Monte Porreiro para que poidan usala os nenos que participan na ludoteca Carabuñas.