Os virus respiratorios tensionan as Urxencias de Montecelo

Pontevedra
16 de decembro 2023

Os virus respiratorios están tensionando a sanidade pública pontevedresa ata o punto de saturar as Urxencias do Hospital Montecelo ou as pediátricas do Hospital Provincial e tamén a extrahospitalarias e os propios centros de saúde, onde se acumulan as consultas con estas patoloxías

Servizo de Urxencias no Hospital Montecelo
Servizo de Urxencias no Hospital Montecelo / Mónica Patxot - Arquivo

Os virus respiratorios están tensionando a sanidade pública pontevedresa ata o punto de saturar as Urxencias do Hospital Montecelo ou as pediátricas do Hospital Provincial e tamén a extrahospitalarias e os propios centros de saúde, onde se acumulan as consultas con estas patoloxías.

A gripe A é a que máis ingresos está a xerar de pacientes superando ao Covid, ao visus sincitial e á pneumonía.

Só o pasado luns contabilizáronse 254 entradas en Urxencias de Montecelo o que obrigou a poñer en marcha un plan de continxencia reforzando o persoal e abrindo a unidade polivalente e un á de Medicina Interna M-3 no Provincial dotada de 19 camas para poder ter illados a algúns pacientes con infeccións respiratorias. 

Ademais da ampliación dos espazos para a atención destas persoas enfermas deriváronse ao Hospital do Salnés e ao Quirónsalud.

Unha vez máis as persoas maiores son as máis afectadas.

O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, apuntou que o pico da gripe espérase para finais do mes de xaneiro ou principios de febreiro. 

Mentres tanto a Consellería de Sanidade segue coa campaña de vacinación contra a gripe e o COVID nos hospitais e centros de saúde.