Outro venres máis, ás 13:00 horas, centos de persoas sumáronse á manifestación convocada en Cuntis para denunciar a deficiente atención sanitaria que está a recibir o municipio.
Á manifestación asistiron todos os grupos políticos para así reclamar á Xunta que dunha vez por todas teña en conta as súas reivindicacións ante a situación insostible coa que a poboación se atopa cada día.
O alcalde, Manuel Campos Velay, advertiu que estas manifestacións se repetirían cada venres ata que lles dean unha solución a un problema que se alonga no tempo.
Os manifestantes denunciaron que Cuntis non está a recibir a atención da administración e segue sen "algo tan esencial" como unha boa sanidade pública.