Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita sinxela, nutritiva e deliciosa que combina o sabor intenso das sardiñas en aceite de oliva de Conservas Pescamar co toque suave do pan de garavanzo caseiro.
A sardiña é un peixe azul cun alto contido en graxas saudables, fonte de omega-3 e rica en proteínas de gran valor biolóxico.

Para preparar esta receita de Pan de garavanzo con sardiñas en aceite de oliva Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
Para o pan de garavanzo (4 pans medianos):
- 1 cunca de fariña de garavanzo
- ½ cunca de auga
- 1 cucllerada de aceite de oliva
- ½ culleradiña de sal
- ½ culleradiña de po de enfornar
Para a cobertura:
- 1 lata de sardiñas en aceite de oliva Pescamar
- 100 g de queixo crema
- Un chorriño do aceite da lata de sardiñas
- Rodas de limón
- Perexil fresco
Preparación do pan de garavanzo:
Nun bol, mestura a fariña de garavanzo co sal e o po de enfornar.
Engade aos poucos a auga ata obter unha masa espesa, similar á dunhas tortiñas; incorpora unha cullerada de aceite de oliva e mestura ben.
Divide a masa en 4 porcións e forma discos planos de 1 cm de grosor aproximadamente. Coloca os discos de masa sobre papel de enfornar nunha bandexa.
Introduce no forno, prequentado a 180 °C e cociña durante 18-20 minutos, dándolles a volta á metade de cocción para que se douren por ambos lados.
Preparación da crema untable:
Mestura o queixo crema cun chorriño do aceite das sardiñas, batendo ata que quede suave e aromatizado.
Montaxe das tostas:
Unta cada boliño de garavanzo coa crema.
Coloca enriba as sardiñas en aceite de oliva Pescamar escorridas.
Engade unhas follas de perexil fresco e un toque de limón ao gusto.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.