A Panadaría Acuña recolle produtos básicos para enviar aos damnificados de Valencia

Pontevedra
02 de novembro 2024
Actualizado: 11:22

Os puntos de recollida habilitados son a nave da empresa no Polígono de Barro (parcela a20) e o local de Acuña na parroquia pontevedresa de Salcedo, na estrada nacional N-550

'Obradoiro artesán de panificación Rogelio Acuña Acuña', na parcela A20 do Polígono de Barro - Meis Panadería Acuña

A Panadaría Acuña anunciou a posta en marcha dunha campaña de recollida de produtos básicos para as persoas afectadas pola recente DANA en Valencia.

Os puntos de recollida habilitados son a nave da empresa no Polígono de Barro (parcela a20) e o local de Acuña na parroquia pontevedresa de Salcedo, na estrada nacional N-550.

A data límite para a recollida destes produtos de primeira necesidade termina este mércores día 6 de novembro.

A campaña céntrase en colleitar produtos solicitados pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que coordina o envío de axuda desde distintos puntos de España.

Solicítase auga, leite, alimentos non perecedoiros e artigos de hixiene persoal como toalliñas húmidas, desodorizantes, pasta dentífrica, cepillos de dentes, entre outros.

A Panadaría Acuña quere participar na resposta solidaria da cidadanía canalizando esta axuda para poder facela chegar ás familias que tanto o necesitan en Valencia despois de perdelo todo.

Trátase de axudarlles a reconstruír a súa vida.

Agora os esforzos céntranse no rescate e atención das persoas afectadas, así como en tarefas de recuperación das vivendas das zonas damnificadas. As autoridades advirten que o restablecemento completo da cadea de subministración podería levar varias semanas, especialmente nas áreas onde os danos en infraestrutura son maiores.

Mensaje de Panadería Acuña

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora