Panorama e Álvaro de Luna actuarán esta semana en Poio

Poio
31 de xullo 2023

O artista andaluz actúa o xoves 3 de agosto en Raxó, mentres que e a orquestra galega montará o seu escenario en Samieira un día antes, o mércores 2

Alvaro de Luna, cantante Alvaro de Luna

O Festival Chalana, organizado polo Concello de Poio, celébrase os días 3 e 4 de agosto en Samieira e Raxó coas actuacións de Panorama e Álvaro de Luna.

Os primeiros en subirse ao escenario serán os músicos da popular orquestra galega, unha das máis importantes do panorama nacional. Actuarán o mércores en Río de Bois, en Samieira, ás 23.00 horas.

Un día despois, o xoves 3, será quenda do compositor e cantante Álvaro de Luna, que ofrecerá un concerto en Raxó, ás 23.00 horas.

As dúas actuacións son gratuítas.

A Orquestra Panorama, unha das principais formacións da verbena nacional, traerá a Samieira o seu espectáculo “Life & Music Tour”. Mentres que o artista andaluz trae a Poio su espectáculo “L.A.S. Final Show”.