Papá Noel percorrerá as parroquias de Caldas no 'ChocoNadal'

Umia
14 de decembro 2024

A primeira parada do entrañable personaxe será este sábado 14 na parroquia de Saiar, ás 20:00 horas, coincidindo co inicio do 'ChocoNadal'.

Papá Noel en Caldas Concello de Caldas de Reis

O Concello de Caldas de Reis presenta unha importante novidade no seu tradicional 'ChocoNadal':

Papá Noel visitará todas as parroquias do municipio entre o 14 e o 21 de decembro, segundo anunciou hoxe o Tenente de Alcalde e responsable de Festas, Manuel Fariña.

A primeira parada do entrañable personaxe será este sábado 14 na parroquia de Saiar, ás 20:00 horas, coincidindo co inicio do 'ChocoNadal'.

Alí instalará o seu trono para recibir á cativada, escoitar as súas peticións, repartir lambetadas e facer fotos cos asistentes, mentres todos desfrutan do chocolate quente e roscón que se servirá de balde.

Calendario de visitas

A axenda de Papá Noel polas parroquias caldenses será a seguinte, sempre ás 19:00 horas:

  • 15 de decembro: San Clemente
  • 16 de decembro: Bemil
  • 17 de decembro: Tivo
  • 18 de decembro: San Andrés
  • 19 de decembro: Godo
  • 20 de decembro: Carracedo
  • 21 de decembro: Arcos

Como colofón, Papá Noel estará presente na Praza José Sesto Casal os días previos á Noiteboa:

  • 23 de decembro: desde as 16:30 horas
  • 24 de decembro: desde as 11:30 horas

O Tenente de Alcalde Manuel Fariña destacou que esta iniciativa busca facilitar que toda a rapazada do municipio poida coñecer a Papá Noel, e convida á veciñanza a participar nestas xuntanzas que, nas súas palabras, "permitirán gozar dun tempo de convivencia festivo entre diferentes xeracións dos membros da familia e amizades".