El, de San Lorenzo del Escorial. Ela, de Polonia. Hai dous anos chegaron a Pontevedra e atopáronse cun problema que se repite entre todos os que se asentan por primeira vez na cidade que non é a súa. Como coñecer a xente que xa vive nela.
E así, Jorge Aguado e Agata Stajer, membros da asociación Cowonders, decidiron impulsar unha iniciativa denominada "Veciñxs", que busca crear espazos de encontro, ao redor da cultura creativa, onde poder coñecerse entre si.
Así, este proxecto pretende unir á xente a través de experiencias culturais como a expresividade creativa ou talleres de cociña, logrando que os participantes "poidan volver ter esa sensación de barrio" que en moitas zonas se perdeu.
"Podemos vir a unha cidade e coñecer a arquitectura, os cafés e os servizos, pero é moito máis difícil coñecer á xente", reflexionou Agata Stajer.
A propia experiencia persoal da parella serviu como xerme para este proxecto, deseñado para ofrecer unha "sensación de acollida" e entender o concepto de "veciño" nun sentido amplo, abarcando a persoas de todo tipo.
O primeiro encontro será este martes 16 de xuño, ao seis da tarde, na Asociación Kentada, situada na Rúa da Barca, á beira do colexio Froebel. Será un taller de creatividade artística centrado na pintura e o collage.
Despois dunha pausa estival, a actividade retomarase nos meses de setembro, outubro e novembro, con catro datas máis que incluirán percorridos guiados por Pontevedra ou talleres de cociña, entre outras propostas.
Para garantir a calidade dos encontros e fomentar un ambiente próximo, as actividades contan cun límite de 30 prazas. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente a través de www.vecinxs.eu.
Na presentación desta iniciativa, a edil responsable da área de benestar social, Anabel Gulías, destacou que esta proposta convida aos participantes a "frear un pouco, mirar atrás o que funcionaba e como nos relacionabamos".
Ademais, a concelleira valorou positivamente o esforzo da organización por visibilizar ás mulleres que fixeron historia na cidade ou a aposta por un formato trilingüe -galego, castelán e inglés- para facilitar a conexión intercultural.