Pasta ao 'aglio e olio' con mexillóns Pescamar

Pontevedra
14 de marzo 2026

Unha receita que nos trae os aromas da cociña italiana e coa que aproveitaremos todos os beneficios dos mexillóns ao natural das rías galegas de Conservas Pescamar

Pasta ao aglio e olio con mexillóns Aliaksandr Barysenka en Vecteezy

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e unha receita tradicional italiana na que os mexillóns ao natural das rías galegas son protagonistas.

O mexillón é un molusco moi apreciado polo seu gran valor nutritivo e o seu baixo contido en graxa, ademais da súa achega de proteínas de alta calidade e ácidos graxos omega 3.

A pasta ao 'aglio e olio' significa literalmente "allo e aceite" en italiano e é unha receita tradicional de Nápoles que destaca pola súa gran sinxeleza, conseguindo con poucos ingredientes un sabor intenso e equilibrado.

Mexillóns ao natural das Rías Galegas PescamarConservas Pescamar

Para preparar unha deliciosa Pasta ao 'aglio e olio' con mexillóns Pescamar precisamos os seguintes ingredientes:

- 250 g de espaguetes

- 2 latas de Mexillóns ao natural das Rías Galegas Pescamar

- 5 culleradas de aceite de oliva virxe extra

- 4 dentes de allo laminados

- 1 chile seco

- reladura fina de medio limón

- sal

- pementa negra

- perexil picado

- queixo parmesano relado fino

Preparación:

Poñemos a cocer os espaguetes. Cando cheguen ao punto "al dente", escorremos e colocamos nunha fonte.

Laminamos os allos moi finos e dourámolos suavemente no aceite xunto co chile picante, procurando que non se queimen.

Cando o allo estea cociñado, incorporamos o zume das latas de Mexillóns ao natural das Rías Galegas Pescamar e un pequeno cullerón da auga de cocción da pasta, removendo para emulsionar a salsa.

Salpimentamos ao gusto e engadimos a reladura de limón e o perexil picado.

Engadimos o contido das 2 latas de Mexillóns ao natural das Rías Galegas Pescamar e deixamos quentar durante 2 minutos. Reservamos.

Recubrimos a pasta coa mestura reservada, esparexemos queixo parmesano relado e decoramos con unhas follas de perexil.

Dentro de quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora