A sexta edición do San Patricio, organizado polo Mareantes Rugby Club, pecha as súas portas ata o próximo ano. Desde o mércores 16 de marzo e ata o domingo 20, os pontevedreses puideron gozar de cervexa irlandesa, boas tapas, música e conta contos.
Desde o club estiman que venderon preto de 4.000 litros de cervexa e 2.000 bocadillos de todo tipo. A pesar de que as vendas foron un tanto inferiores a outros anos, a participación aumentou en parte grazas a unha das novidades desta edición, a 'happy hour'.
A iso, tamén se lle suma a actuación dos diferentes grupos de música da cidade do Lérez, xunto co contacontos 'Polo correo do vento'.
Dos cinco días que a carpa de San Patricio ocupou a praza de España, o domingo foi o día con maior fluxo de persoas na carpa, coincidindo coa habitual bendición de Ramos.
Para o club de rugby Mareantes, "eventos de este tipo ayudan a salvar la temporada, económicamente hablando", sobre todo cando fallan determinados patrocinios ou subvencións, declarou o presidente, Eloy Díaz.