Desde o balcón da Casa do Concello o afamado cociñeiro Pepe Solla pregoou aos catro ventos o seu amor a Poio.
"De aquí soy y aquí me quedo", prometeulles o Estrela Michelín a todos os seus veciños.
A eles precisamente fixo Pepe Solla constante referencia, animando a que en todos e cada un recaia esta honra de ser pregoeiro. E con este mesmo ánimo compartiu protagonismo cos finalistas do concurso "Cartel das Festas de San Xoán 2016" e os deportistas destacados na tempada 2015-2016, que recolleron premios, agasallos e o aplauso dos seus.
A Banda de Música Cultural de Arcade e da Banda Tradicional de gaitas de Poio encargáronse de ambientar a tarde na Praza de Mosteiro que culminou co chupinazo que marca o inicio destas festas patronais abrindo as portas a uns días de lume, maxia, música, sardiñas, pan de millo e os primeiros bicos do verán.