Pequenos diaños pásanse ao lado oscuro na Festa do Demo

Pontevedra
23 de agosto 2014

Decenas de nenos saíron á rúa para ver como o Demo xurdía dos arcos de San Bartolomeu e percorría o centro histórico da cidade acompañado polo seu séquito e, nesta ocasión, por algúns pequenos que tamén se deisfrazaron de personaxes do averno. A Festa continuará pola tarde, a partir das 20.00 horas, e rematará cunha Foliada en Curros Enríquez

Festa do Demo 2014 PontevedraViva

O Demo co seu tridente e acompañado por un séquito de personaxes malignos xurdiu dos arcos de San Bartolomeu e decenas de nenos acompañados polos seus pais seguiron o cortexo festivo polas rúas do centro histórico.

Un ano máis, os pequenos intentaban tirar do rabo ao personaxe diabólico pero, nesta ocasión, tal e como se pedira dende a organización, algúns dos nenos participantes acudiron vestidos con traxes vermellos e sumáronse a facer o mal por todo o percorrido bailando e saltando ao son da música. Ao acto, que comezaba ás 12.30 horas deste sábado 23, acudiu a concelleira de Festas, Carme da Silva.

Durante a tarde, a partir das 20.00 horas, ou Demo volveu aparecer entre olor a xofre e estalidos para dar paso á Foliada do Demo, ás 21.30 horas, que se desenvolveu na Praza de Curros Enríquez coa participación das bandas Os Chichisos e Os Modernos.