Piden abrir ao público os xardíns do Pazo de Quintáns

Sanxenxo
08 de febreiro 2019

Preto dun centenar de veciños da parroquia de Noalla asistiron este xoves á reunión celebrada nas Canteiras para informar do proxecto de rehabilitación do Pazo de Quintáns

Xuntanza cos veciños da parroquia de Noalla Concello de Sanxenxo

Preto dun centenar de veciños da parroquia de Noalla asistiron este xoves á reunión celebrada nas Canteiras para informar do proxecto de rehabilitación do Pazo de Quintáns.

Os asistentes mostraron interese pola idea de abrir os xardíns ao público e que sexa unha zona de lecer diario de veciños e visitantes.

A rehabilitación deste pazo ten como obxectivo, ser un museo de todo o patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e botánico non só da parroquia de Noalla, senón tamén de todo o municipio, como pode ser coa incorporación de información relacionada cos castros de Nantes e de Dorrón.

A filosofía principal do proxecto de rehabilitación, que foi redactado por Mario Crecente e Asociados Consultores, é manter as estruturas orixinais do Pazo. En definitiva, non se fará ningún cambio que modifique a estrutura orixinal do edificio.