Piden unha mellora da seguridade viaria no acceso a Monte Porreiro

Pontevedra
03 de abril 2018

A asociación Pedaladas denuncia que a estrada que vai desde a N-550 ata Monte Porreiro e Montecelo ofrece carencias tanto para peóns como para ciclistas. Sinalan que a vía ciclista quedou interrompida na intersección coa PO-223, estrada da Xunta de Galicia

Proposta da asociación Pedaladas para o acceso a Monte Porreiro
Proposta da asociación Pedaladas para o acceso a Monte Porreiro

A asociación Pedaladas elaborou un informe para entregarlle ao  Concello de Pontevedra e a Xunta para que baixo custo se mellore o itinerario da praia fluvial, Monte Porreiro, San Benitiño de Lérez, Médico Ballina,  Camiño de Santiago e Marismas de Alba.

Indican que existen carencias de seguridade e accesibilidade, ao non existir  separadores físicos que provocan que os vehículos invadan o carril bici cando circulan a altas velocidades. Sinalan que a pintura borrouse e resulta moi difícil diferenciar a vía ciclista e peonil da calzada cando chove ou en horarios nocturnos.

Na rotonda coa PO-223 interrómpese o carril bici, indican os integrantes de Pedaladas. Afirman que incumpre a normativa de accesibilidade.

Sinalan que na N-550 resulta imposible de cruzar ao final do carril bici. Ademais falta por completarse o acceso ciclista desde a praia fluvial ata Monte Porreiro. 

Desde este colectivo reclaman ao Concello de Pontevedra a instalación de balizas e repintar o carril bici. Sinalizar a beirarrúa menos utilizada por peóns como espazo compartido desde a praia fluvial ata Monte Porreiro para mellorar a accesibilidade e permitir unha futura conexión coa UNED e cos colexios da zona. 

Ademais, piden á Xunta de Galicia que complete a vía ciclista na rotonda da PO-223 e a Fomento esíxenlle un cruzamento seguro da N-550.