PODCAST.- A PAU, a exame coa primeira promoción que realizará estas probas o próximo xuño

Pontevedra
19 de maio 2025

A proba de acceso á úniversidade estrearase o 3 de xuño. Reunimos en 'Conversas na Ferrería' alumnas do IES Sánchez Cantón. Pertencen á primeira promoción que realizará a nova modalidade de exames

Alumnas de segundo de Bacharelato do Instituto Sánchez Cantón

Achégase un momento crucial entre a mocidade que quere acceder a estudos superiores. O próximo xuño terán lugar os exames para acceder á universidade.

Este ano estrearase modelo, trátase da PAU (proba de acceso á universidade) en substitución da ABAU (avaliación de bacharelato para o acceso á universidade).

Á marxe da súa denominación, o que o Goberno pretende é "garantir a homoxeneidade da proba e, con ela, a igualdade de oportunidades dos estudantes en todo o territorio". En canto a forma e segundo publica tamén o Executivo central é darlle "un deseño máis enfocado en avaliar as competencias dos estudantes fronte á súa capacidade memorística".

Así, "requirirase do alumnado creatividade, capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez".

Ademais propón de forma preferente que as preguntas aborden "situacións ou exemplos realistas, próximos á vida do alumno, e contextualizados en contornas artísticas, científicas, humanísticas e tecnolóxicas".

Esta nova norma esixe "que polo menos o 70% da puntuación obtenible en cada exame corresponda a preguntas de carácter aberto ou semiconstruidas, o que supón unha novidade fronte ao modelo anterior, onde este tipo de preguntas tiñan un peso mínimo do 50%".

Si se mantén a estrutura da EBAU con exames de: Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira, Historia de España ou Historia da Filosofía, unha materia específica da modalidade de segundo de Bacharelato e un exame sobre a lingua cooficial na comunidade autónoma onde a haxa.

Todo o anterior é o argumentario oficial, pero como está a ser para a primeira promoción que ten que facer estas probas?.

Contamos no estudo de PontevedraViva Radio con alumnas de segundo de Bacharelato do Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra. Son Laura Sobrado Dovalo, Doaa Jamladi Jamladi, Sara Bouzas Alborja, Anna Julia Scotti, Río Iglesias Carballeira, Irene Martínez Arias, Noa Búa Duarte e acompáñalles a profesora Cristina González Pérez.

Ademais de evidenciar as súas dúbidas sobre a información da que dispoñen e a consecución práctica da formulación, responden a varias tesituras que tamén teñen que contemplar. Por exemplo, si teñen claros que estudos superiores queren facer, ou si a oferta académica en Galicia responde ás súas demandas.

Chequeamos igualmente cal é a visión sobre o seu futuro. Primeiro, se ven na universidade unha garantía profesional e económica; e si cren que unha vez concluídos eses estudos a súa incorcoporación no mercado laboral será inmediata.

Outro dos datos que extraemos durante o faladoiro que manteñen neste podcast achégao a profesora Cristina González: "sobre un 85% do alumnado do Sánchez Cantón fará as probas da PAU, tanto para estudar un grao ou un ciclo Superior".