Poio lanza o seu vídeo de Nadal animando a gozar con ilusión destas festas

Poio
10 de decembro 2022

O alcalde Luciano Sobral e representantes da corporación municipal participan nesta felicitación xunto á veciñanza convidando a Vivir o Nadal en Poio

Felicitación de Nadal do Concello de Poio
Felicitación de Nadal do Concello de Poio

O alcalde Luciano Sobral e representantes da corporación municipal forman parte desta felicitación de Nadal a través dun vídeo no que participan tamén residentes no municipio. Todos fan unha invitación a "Vivir o Nadal en Poio".

O rexedor sinala que estas son unhas festas especiais, despois das complicacións sufridas durante os dous últimos anos con motivo da pandemia, e propón gozar en familia coas amizades do comercio local, hostalería, gastronomía e da programación festiva elaborada polo Concello para estas semanas de finais de decembro e principios de xaneiro de 2023.

O vídeo, no que se poden ver fogos de artificio e a iluminación na contorna do Mosteiro, foi subido este sábado 10 ás redes sociais do Concello de Poio.

Este domingo 11 ás 19.00 horas, o Centro Cultural Xaime Illa de Raxó acollerá a representación teatral 'Dous no Camiño', con Isabel Risco e Fran Rei, dentro dos actos previstos para estas festas.