Poio porá en marcha un programa para persoas en desemprego

Poio
14 de novembro 2018

Nesta iniciativa se farán titorizacións individuais e colectivas e formacións con compromiso de inserción en empresas, entre outras actividades

Gregorio Agís, na presentación da oferta formativa de Poio para 2018 PontevedraViva

O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Poio, Gregorio Agís, informou da posta en marcha nos próximos meses dun programa para persoas en desemprego que se denominará POIO#INTEGRA.

Nesta iniciativa se farán titorizacións individuais e colectivas e formacións con compromiso de inserción en empresas, entre outras actividades.

O programa ten 100 prazas para determinados colectivos con especiales dificultades de inserción no mercado laboral, e os interesados poden acudir á oficina de emprego a inscribirse para participar no proceso selectivo empregando o código 930 de programas experimentais.

Os interesados que desexen obter máis información poden dirixirse ao departamento de promoción económica na Casa do Concello ou na extensión 1260 e o enderezo electrónico promocioneconomica@concellopoio.org