Un home de 57 anos de idade foi detendido acusado dun presunto delito de tráfico de drogas na Rúa Fonte do Corvo, en Pontevedra.
A detención produciuse no marco dunha operación policial contra o menudeo de droga posta en marcha tras as queixas recibidas por parte dos veciños da zona.
Durante varios días de vixilancia, axentes da Policía Local de Pontevedra puideron constatar unha importante afluencia de persoas coñecidas polas forzas da orde polo seu consumo de sustancias estupefacientes ao terlles sido intervidas anteriormente pequenas cantidades de droga.
A dentención, explican fontes oficiais, produciuse o pasado xoves 28 de maio.
Tivo lugar despois de que os policías observasen en primeira persoa o intercambio dunha dose, que resultou ser cocaína. Debido a iso os axentes interviñeron detendo o presunto vendedor e incautando a sustancia e o diñeiro obxecto da transacción.
No rexistro posterior, a Policía Local interveulle ao detido nove envoltorios máis de cocaína, unha dose de heroína, 14 pastillas de metadona, últiles para a elaboración das doses e o seu consumo e un total de 61 euros en moeda fraccionada.
O home foi trasladado a dependencias policiais para o seu posterior posta a disposición xudicial.
Desde a Policía Local quixeron agradecer a colaboración veciñal para desactivar este punto de menudeo de droga na Rúa Fonte do Corvo.