Ponte Caldelas acusa á Xunta de priorizar as obras "só pola cor política dos concellos"

Ponte Caldelas
02 de marzo 2018

Nun comunicado de prensa o tripartito caldelán avoga por unha planificación técnica e "polo fin das prácticas caciquís baixo a coartada de supostas cesións veciñais dos terreos, xestionadas polos alcaldes do PP en auténticas chapuzas administrativas"

Xuntanza do grupo de goberno de Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

O goberno local de Ponte Caldelas (formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG) insta á Consellería de Infraestruturas a "poñer fin á sinrazón de priorizar as obras só pola cor política dos concellos".

Neste senso sinalan que a estrada PO-230, en Cerdedo-Cotobade, ten a metade de tráfico que a PO-234 de Ponte Caldelas, onde nos últimos anos houbo 5 feridos

Nun comunicado de prensa o tripartito caldelán avoga por unha planificación técnica e "polo fin das prácticas caciquís baixo a coartada de supostas cesións veciñais dos terreos, xestionadas polos alcaldes do PP en auténticas chapuzas administrativas".

O alcalde, Andrés Díaz, lémbralle á consellería "que non é de recibo que se escollan estradas sen coches e sen accidentes, mentres os tramos máis perigosos seguen sen acondicionarse".

Arquivado en