Ponte Caldelas arromba a contorna da capela de San Vicente de Parada

Ponte Caldelas
16 de xaneiro 2020

Os operarios municipais rozaron leiras e camiños para ofrecer unha boa imaxe o día 22 de xaneiro, cando se celebra a tradicional romaría de San Vicente

O alcalde de Ponte Caldelas supervisa os labores de limpeza na contorna da capela de San Vicente de Parada Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas levou a cabo esta semana a limpeza da contorna da capela de San Vicente de Parada, na que o próximo 22 de xaneiro celebrará a súa tradicional romaría que reúne cada ano por centos de veciños.

Para ofrecer a mellor imaxe posible nesta xornada festiva, os operarios municipais executaron a limpeza das parcelas e camiños que dan acceso ao camiño tradicional de Taboadelo e Xustáns a través dos que se chega ao templo.

Ademais, procederon ao corte da herba seca na contorna do adro da capela, así como a fonte e as presas de auga.