Ponte Caldelas incorpora 24 operarios para limpeza e reparación de insfraestruturas

Ponte Caldelas
02 de abril 2015

Os contratados empezaron a traballar ao longo do mes de marzo e repártense nunha brigada de 11 operarios para reparación de infraestruturas (cunetas e camiños) e outra de 12 para limpeza e roza de zonas verdes, rúas e parques públicos. Tamén se incorporou un operario de carpintaría para reparación de mobiliario urbano

Operario do Concello de Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas incorpora no seu equipo 24 novos operarios para realizar traballos de limpeza e reparación de infraestruturas municipais a través do Plan de Emprego posto en marcha pola Deputación de Pontevedra. Foron contratados por 25 horas semanais durante un período de seis meses.

Os traballadores empezaron a traballar ao longo do mes de marzo e repártense nunha brigada de 11 operarios para reparación de infraestruturas (cunetas e camiños) e outra de 12 para limpeza e roza de zonas verdes, rúas e parques públicos. Tamén se incorporou un operario de carpintaría para reparación de mobiliario urbano.

O alcalde, Perfecto Rodríguez, destaca o esforzo que realiza a Deputación neste capítulo non só pola oportunidade laboral que ofrece aos contratados en situación de desemprego senón tamén pola operatividade da que dota aos concellos pequenos para poder acometer un bo número de obras de limpeza, acondicionamento, reparación e mantemento de infraestruturas municipais que, doutra forma non se poderían afrontar ante o limitado equipo de operarios municipais existente.

Os candidatos para desempeñar estas funcións son persoas en situación de desemprego que veñen remitidos ao Concello de Ponte Caldelas dende a Oficina de Emprego (tal e como determinan as bases definidas pola Deputación e están publicadas no BOP), quen envía un mínimo de tres candidatos por posto a cubrir. A relación de aspirantes, os seus nomes e puntuación nas distintas probas de selección, foi feita pública a través do taboleiro de anuncios situado na planta baixa da Casa do concello e a páxina web do Concello.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora