Ponte Caldelas presume de transformación urbana con tres obras financiadas pola Deputación

Ponte Caldelas
09 de agosto 2022

A presidenta Carmela Silva visita as obras que veñen de rematar na avenida de Vigo e no aparcamento central, así como o comezo dos traballos na nova praza de Frei Antonio Orge

Carmela Silva supervisa obras financiadas pola Deputación en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas dá por rematadas as obras na avenida de Vigo e no aparcamento central, con financiamento da Deputación a través do Plan Concellos, así como a gran actuación da nova praza de Frei Antonio Orge, incluída dentro do plan provincial ReacPon, coa visita institucional da presidenta Carmela Silva,.

A dirixente, acompañada do alcalde Andrés Díaz, membros da corporación municipal e do deputado de Cooperación, Santos Héctor; supervisou as tres actuacións nas que se investiron uns 700.000 euros por parte da Deputación. "Van poñer a Ponte Caldelas aínda máis guapa do que xa está", dijo la presidenta.

Na avenida de Vigo (a rúa do balneario) comprobouse o resultado dunha humanización coa que se gañou espazo peonil e zonas verdes, á vez que unha ampla batería de aparcamento gracias á súa conversión nunha vía dun sentido.  A obra, cun orzamento de 440.000 euros contou con fondos FEDER nun 79,2 % mentres que a Deputación completou o 20,8 % restante a través do Plan Concellos (134.911 euros).

A continuación, Carmela Silva tivo ocasión de visitar o novo aparcamento central situado detrás do edificio da ludoteca e a escola infantil, onde se habilitou unha zona de estacionamento rotatorio combinado cunha zona verde gracias a outra achega do Plan Concellos de 77.000 euros.

Finalmente, houbo ocasión de comprobar o inicio das obras da praza de Frei Antonio Orge, que creará un novo espazo de centralidade urbana, gracias aos 493.966 euros que achega a Deputación a través do plan ReacPon e que completa co propio Plan Concellos.

Carmela Silva afirmou que “non hai quen recoñeza a Ponte Caldelas; non é unha frase feita nin un tópico; non hai máis que vir aquí e comparar como era Ponte Caldelas hai 7 anos co que é agora. Estou gratamente sorprendida do impacto do cambio e a transformación”. A presidenta agradeceu ao alcalde o seu empeño “en ter continuamente ideas, por promover proxectos para o concello, pero tamén para o conxunto da provincia”.

Pola súa parte, Díaz aproveitou a visita para amosar a Carmela Silva as infografías do proxecto da estación termal que o Concello quere construír nos terreos do antigo Balneario, a carón da capela de San Roque, un espazo degradado despois do estoupido da burbulla inmobiliaria que deixou unha mole de formigón a medio construír nas beiras do río Verdugo. "É o noso proxecto estrela, a nosa ambición e a nosa obsesión, polo que non descansaremos ata recuperar o noso protagonismo como vila termal”.