Ponte Caldelas renova a súa devoción pola troita

Ponte Caldelas
28 de maio 2017

A LI edición da Festa da Troita encheu de actividades e bo ambiente a vila durante toda a fin de semana cunha celebración que, un ano máis, non defraudou 

LI Festa da Troita de Ponte Caldelas
LI Festa da Troita de Ponte Caldelas / Diego Torrado

Un ano máis, e van 51, non defraudou a Festa da Troita, enchendo de cor e bo ambiente Ponte Caldelas durante toda a fin de semana.

Pescadores respartidos polo río Verdugo, música, exhibicións de baile ou zumba, unha verbena musical e festivais como o folclórico ou o de corais encheron de actividade ambas as xornadas, na que sobre todo, sobraron ganas de pasalo ben. 

A Alameda da vila converteuse en epicentro das celebracións e por alí pasaron unha multitude de visitantes, principalmente para gozar da carpa gastronómica.

O evento contou coas tradicionais elaboracións de troita en escabeche e frita, e ademais nesta ocasión incorporou as creacións culinarias saídas do curso de cociña de tapas e petiscos organizado polo Concello.

E canto Festival de Corais, congregou a máis dun cento de persoas na igrexa de Santa Eulalia. Participaron a coral local Valdarrosa e en calidade de convidadas as corais polifónicas Cánticos de Amil e Pedra Branca de Cesantes. Esta última, xunto á coral de Ponte Caldelas, estivo dirixida por Iván Gulín, pechando o certame cunha interprestación conxunta de tres pezas.