O Concello de Ponte Caldelas está a repartir a todos os establecementos que estes días está abrindo ás a súas portas na paulatina desescalada un paquete con elementos de protección para que atendan aos seus clientes baixo unas condicións seguras.
Cada 'kit de protección' inclúe máscaras, xel hidroalcólico e luvas para que os profesionais poidan iniciar a actividade de atención ao público con total seguridade, tanto para os empregados como para os clientes.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o concelleiro Pepe Garrido están a facer a repartición destes paquetes polos diferentes comercios do municipio e repetirán as entregas en función das necesidades e do stock existente.
O alcalde aproveita para lanzar unha mensaxe aos veciños, aos que pide que compren no comercio local, co fin de que ningún negocio teña que pechar as súas portas.
"En Ponte Caldelas podemos mercar practicamente todos os produtos que poidan necesitar sen ter que desprazarnos a ningunha cidade nin centro comercial, polo que é importante que todos nos volquemos co noso comercio e o apoiemos mercando aquí", apunta Díaz.