O integrante de Ponte1Reto, Juan Hernández Moldes, sufría un grave accidente cando participaba nunha carreira a pé e atópase convalecente no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña recuperándose dunha fractura de vértebra cervical.
Para darlle apoio, os seus compañeiros decidiron levar a cabo un novo reto baixo o título 'El Camino de Juan'. Suspenderon a súa participación na Volta a Galicia e levarán a cabo unha gran aventura solidaria, que ao mesmo tempo sirva para recadar fondos para o colectivo de Amencer- Aspace, tal e como Juan Hernández tiña previsto.
Realizarán o Camiño de Santiago Portugués sen paradas. Ao longo de 300 quilómetros pedalearán de día e de noite desde o sur do Porto, Portugal, ata a capital de Galicia.
A saída será o 8 de setembro e o obxectivo é chegar o domingo 9 a Santiago coa idea de pedirlle ao Apóstolo a recuperación de Juan Hernández. Ademais, Ponte1Reto potenciará a campaña de recadación de fondos para adquirir unha nova bicicleta adaptada para Amencer-Aspace.
Aquelas persoas interesadas en doar poden facelo a través desta ligazón: https://www.gofundme.