Turismo Pontevedra, empresa municipal de turismo dependente da concellaría de Promoción Económica, puxo en marcha este mes de setembro unha campaña promocional destinada a captar turistas de cruceiros no Porto de Vigo.
A inicitiva desenvolverase durante todo o mes, con dúas persoas contratadas por Turismo Pontevedra repartindo a pé de buque folletos con información da cidade de Lérez, especialmente no referente a conexións ferroviarias e a oferta turística.
O obxectivo é tratar de incentivar aos cruceristas para que se acheguen a pasar o día á capital da provincia.
Segundo a concelleira de Promoción Económica, Carlota Romá, durante setembro 20 cruceiros farán escala en Vigo, que espera a chegada de 40.000 persoas entre pasaxe e tripulación.