Pontevedra acolle este mes de marzo oito novos obradoiros do programa "Smartpeme"

Pontevedra
04 de marzo 2018

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia

Aula CEMIT Deputación de Pontevedra

O Edificio Administrativo da Deputación acollerá, durante o mes de marzo oito novos obradoiros do programa "Smartpeme" que oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC.

Os cursos son:

  • O martes 6, "Como facturar electronicamente".
  • O xoves 8, "Fotografía de vehículos para a súa venda online".
  • O luns 12, "Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións"
  • O mércores 14, "Redes sociais para a empresa. É Twitter a túa solución?"
  • O venres 16, "Mide os teus obxectivos en redes sociais: análise de estatísticas".
  • O martes 20, "Consegue os teus clicks máis rendibles".
  • O mércores 21, "Márketing gastronómico, que é e como pode axudarche".
  • O luns 26, sesión informativa para abordar o funcionamento de Whatsapp Business.

 

Todos os obradoiros realizaranse a partir das 19.00 horas e as inscricións poden facerse chamando ao 886202020 ou ben a través do correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou da páxina web www.smartpeme.depo.es.