A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco presentou este martes os eixos do proxecto Pontevedra Capital Gastro para o próximo ano, nunha rolda de prensa na que participou a investigadora e divulgadora gastronómica Eva Ballarín, membro do Consello Nacional de Turismo de España.
A proposta Pontevedra Capital Gastro 2023 quere promover a calidade dos produtos locais e que os negocios do municipio conten cunha ferramenta de venda cara ao exterior de forma que se beneficie tanto a hostalería como o turismo e o sector da alimentación.
Baixo esta marca de Pontevedra Capital Gastro "totalmente consolidada", segundo Yoya Blanco, organizáronse ao longo deste ano unha serie de eventos como o concurso Pontedetapas, a Festa das Cunchas, o Avoa Fest, Pontealmorzo, a feira das reposterías e panaderías da cidade, a incubadora de proxectos gastronómicos Gastro Lab ou o evento Mestizaxes para poñer en valor as cociñas de fóra de Galicia que se practican na Boa Vila, entre otrtas iniciativas.
Yoya Blanco aínda non desvelou se a cidade de Pontevedra volverá presentar a súa candidatura para ser Capital española da Gastronomía no 2024, pero se que confirmou que unha das iniciativas vinculadas a este recoñecemento poñerase en marcha igualmente como é a creación dunha oficina permanente no Mercado.
"Esto va a traer consigo una dinamización importante dentro del Gastroespazo porque habrá un montón de eventos", comentou a concelleira que tamén adiantou que "en breve" sacaranse a licitación os postos baleiros nesta primeira planta da Praza de Abastos.
Así, entre as actividades complementarias previstas por Capital Gastro, preténdese "generar experiencias con sello de calidad de los productos", a presentación dunha guía de produtos de tempada, tamén se quere lanzar o evento "M2, Música e marisco" e está previsto asistir a feiras gastronómicas e turísticas de relevancia para dar a coñecer o que aquí se fai.
Eva Ballerín debullou as accións e o plan de traballo "calendarizado" deseñado para o Capital Gastro 2023 co triplo obxectivo de "estimular la economía, hacer crecer la actividad empresarial de la ciudad y convertir a Pontevedra en un referente del turismo gastronómico".
Os eixos vertebradores desta proposta son a "gastronomía socialmente responsable", xunto á sustentabilidade, a dieta atlántica vinculada ao territorio e a innovación "para seguir creciendo".
Por último, Yoya Blanco lembrou que para todas estas actividades logrouse uns 420.000 euros de financiamento europeo dos fondos Next Generation.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.