Pontevedra divulgará a riqueza da súa arquitectura entre os escolares

Pontevedra
03 de xullo 2021

O alumnado de Primaria de Pontevedra serán os receptores dunha unidade didáctica que busca divulgar a riqueza da arquitectura da cidade. Permitirá percorrer a súa evolución desde a lenda de Teucro ata a actualidade, pasando polos asentamentos romanos e a época medieval

Presentación da unidade didáctica sobre a arquitectura pontevedresa Concello de Pontevedra

O alumnado de Primaria de Pontevedra serán os receptores dunha unidade didáctica que busca divulgar a riqueza da arquitectura da cidade. Permitirá percorrer a súa evolución desde a lenda de Teucro ata a actualidade, pasando polos asentamentos romanos e a época medieval.

Esta unidade, que foi bautizada como 'Caderno de Arquitectura. A forma urbana de Pontevedra', foi elaborada polo colectivo Taller Abierto e inclúe tamén un amplo repaso a os mellores exemplos de núcleos urbanos da arquitectura contemporánea.

Para iso, segundo destacou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, emplea unha linguaxe visual atractiva "para que os máis pequenos e saiban de onde vimos".

A idea xurdiu a partires dunha materia da carreira de Arquitectura na que se estuda a historia global da arquitectura percorrendo a historia particular dunha cidade, a través dos edificios construídos e dos trazados urbanos en diferentes épocas.

As súas responsables, África Martínez e Ana Barreiro, explicaron que este proxecto "é moi especial para nós" e nel intentan explicar a forma da cidade de Pontevedra empregando a historia e empregando o debuxo.

Así, a cor e o debuxo son elementos fundamentais para transmitir "esas ideas relacionadas coa arquitectura e que ás veces parecen complexas", engadiron, destacando que todos os datos contan con todo o rigor histórico posible.

"O que fixemos foi extraer a esencia, os fitos máis importantes da historia e que afectaron á forma urbana da nosa cidade", subliñaron as autoras.

A unidade didáctica vai dirixida a alumnado de primaria (de 8 a 12 anos) aínda que, segundo asegurou África Martínez, "cremos que tamén pode ser útil para todas aquelas persoas que non sexan expertas na materia e que queiran poñerse ao día coa nosa historia".