Pontevedra homenaxea mariscadoras xubiladas no Pazo de Mugartegui

Pontevedra
28 de xuño 2017

Mariscadoras xubiladas de diferentes parroquias do concello foron as protagonistas dun emotivo acto de homenaxe que o Concello de Pontevedra rendeulles este martes no Pazo de Mugartegui

Homenaxe a mariscadoras xubiladas de Pontevedra Mónica Patxot

Mariscadoras xubiladas de diferentes parroquias do concello foron as protagonistas dun emotivo acto de homenaxe que o Concello de Pontevedra rendeulles este martes no Pazo de Mugartegui.

O acto, que se enmarcou dentro das actividades que promove o programa A Memoria das Mulleres, tiña como obxectivo o recoñecemento do labor que estas mulleres realizaron a pesar das condicións en que exerceron a súa profesión.

Herdeiras dun coñecemento extraordinario do medio en que se desenvolveron a súa actividade, o seu traballo foi un dos piares da economía do mar e contribuíu a xerar as condicións necesarias para a mellora e regulación dunha profesión non recoñecida ata hai escasos anos.

O evento contou coa intervención de María Xosé Cacabelos, presidenta da asociación Guimatur, quen falou sobre o oficio de mariscadora e as súas problemáticas.

Tamén se proxectou un vídeo- homenaxe ás mariscadoras e entregouse un agasallo honorífico á traxectoria das mariscadoras presentes.

A homenaxe incluíu a actuación musical de Adonairare.