Pontevedra pagará a metade da débeda de Sogama este ano e o resto en 2016

Pontevedra
01 de agosto 2015

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) xa remitiu ao Concello de Pontevedra o borrador do convenio para o pagamento da débeda

Javier Domínguez, presidente de Sogama, con Miguel Anxo Fernández Lores
Javier Domínguez, presidente de Sogama, con Miguel Anxo Fernández Lores / Mónica Patxot

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) xa remitiu ao Concello de Pontevedra o borrador do convenio para o pagamento da débeda.

En total Pontevedra dispón de 11 meses para aboar máis de 4,7 millóns de euros en dous pagamentos, o primeiro de 2,5 millóns pagarase este ano e a outra metade antes de xullo de 2016, segundo informaron fontes oficiais de Sogama.

A urxente necesidade de liquidez da sociedade que xestiona os lixos en Galicia levou a presentar este borrador cuns prazos máis axustados do que o goberno local esperaba.

A factura mensual que Sogama pasa ao Concello é de 190.000 euros a razón de 74 euros por tonelada de lixo, fronte aos 55 euros que pagaba o concello ata agora en virtude do convenio de 1999 que acaba de ser anulado pola Xustiza.

O Partido Popular espera que o goberno local de explicacións no seo da comisión informativa de Facenda sobre se esta suba repercutirá no prezo do recibo dos pontevedreses.