A beiras do río Lérez a empresa conscesionaria da recollida de lixos en Pontevedra, Prezero, presentou este mércores 23 novos vehículos que completan a frota que presta servizo na cidade.
Unha adquisición que supón "un paso adiante importantísimo respecto á recollida de residuos, o tratamento e tamén a limpeza viaria", defendeu no acto o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado do concelleiro de Servizo Urbanos Básicos, Xaquín Moreda, e representantes de Prezero.
Con estes novos vehículos o servizo entre "na fase do 100% da capacidade que vai a ter este contrato para mellorar a calidade de vida dos cidadáns de Pontevedra", asegurou Lores.
Trátase ademais de maquinaria propulsada a gas ou mediante enerxía eléctrica.
O catálago da nova frota componse de 6 recolectores laterais, 3 recolectores de carga traseira, 1 autocompactador, 1 gancho, 2 furgóns taller, 2 furgóns hidrolimpadores de auga quente, 3 vehículos brigada, 1 baldeadeira de 2 metros cúbicos, 3 baldeadeiras para estradas de 8 metros cúbicos e 1 varredora.
Estes vehículos completan o parque móbil que se foi despregando nos últimos meses. De feito o pasado mes de decembro o Concello presentara un lote con 15 triciclos eléctricos para pequenas limpezas e revisión de composteros, 9 futgonetas, 3 varredoras e un tractor para rozas.
Previamente, en outubro, tamén se incorporaron 10 carros portacaldeiros eléctricos con hidrolimpadora incorporada, unha gran varredora dual e 5 vehículos auxiliares eléctricos tipo 'pick-up'.
Faltan por incorporar, explica o goberno local, sete novos camións.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.