Pontevedra, ante o pico de infeccións respiratorias: "hai máis gripe" e máis consultas en urxencias, pero menos ingresos

Pontevedra
03 de decembro 2025
Actualizado: 14:10

Rexistrouse un "pequeno incremento" de pacientes que acode aos servizos de urxencias dos hospitais e de atención primaria, pero non hai "unha porcentaxe disparada de ingresos"

Visita de Antonio Gómez Caamaño e José Flores ao centro de saúde da Parda
Visita de Antonio Gómez Caamaño e José Flores ao centro de saúde da Parda / Xunta de Galicia

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non é allea ao repunte de infeccións respiratorias que se está vivindo en toda Galica e está a vivir un situación "moi similar" ao resto da comunidade.

Así o confirmaron este mércores o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o xerente da área sanitaria, José Flores, nunha visita ao centro sanitario da Parda.

Flores indicou que a área sanitaria está no nivel 1 do plan inverno activado polo Servizo Galego de Saúde e rexistrouse un "pequeno incremento" de pacientes que acode aos servizos de urxencias dos hospitais e de atención primaria.

Tamén se está "notando" ese incremento nas consultas habituais de atención primaria, pero o xerente asegura que non hai "unha porcentaxe disparada de ingresos por motivo da gripe".

É "unha situación moi parecida a calquera ano en decembro", pois, segundo o xerente, "hai máis gripe, pero non ten efectos que necesiten de ingreso".

Desde que comezou a campaña de gripe notificáronse máis de 1.050 ingresos hospitalarios, a maioría con virus de tipo A, en Galicia.

O conselleiro lembrou este mércores na Parda que a atención primaria "é importante durante todo o ano", pero ten "especial revelancia" no inverno, pola "maior incidencia que existe de infeccións respiratorias", que "sobrecargan estes servizos".

Gómez Caamaño lembra que a Consellería de Sanidade ten en macha desde novoembre o plan de inverno, "unha ferramenta para xestionar e planificar esta asistencia de aumento da demanda".

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora